Para facer uso de Cl@ve Permanente tes que seguir os seguintes pasos:
- Realizar o trámite de rexistro en Cl@ve, e así obter un Código de Activación.
- Acceder ao servizo de activación de usuario situado tanto no portal A túa Seguridade Social ou na sede electrónica da seguridade na sección de Xestión de contrasinal, e cumprimentar os seguintes datos do usuario: DNI/NIE, Email, Código de Activación).
- Recibirás no móbil que facilitaches no acto de rexistro un código numérico de verificación (One Time Password, OTP) que deberás introducir para seguir co proceso de activación de usuario.
- Se cumprimentaches todo correctamente, solicitaráseche que escríbas o contrasinal desexado, a condición de que cumpra a política de contrasinal definido nas observacións da páxina.
- Unha vez realizados todos estes pasos xa poderás empezar a facer uso dos servizos accesibles a través da autenticación de Cl@ve Permanente.