Para o rexistro en Cl@ve de forma presencial é imprescindible a presenza física da persoa que se vai a rexistrar, así como que acuda co seu DNI.
Por tanto, non cabe instar rexistros en CL@VE mediante representación por parte dun terceiro ou apoderado.
Funcionan como oficinas de rexistro distribuídas por toda España a rede de oficinas da Axencia Estatal de Administración Tributaria, das Entidades Xestoras e Servizos Comúns da Seguridade Social, do Servizo Público de Emprego Estatal e a rede de oficinas de Información e Atención ao Cidadán das Delegacións e subdelegacións do Goberno. Así mesmo, numerosas Comunidades Autónomas e Entidades Locais habilitaron tamén as súas redes de oficinas para realizar os procesos de acreditación en cl@ve.
Podes atopar a relación de Oficinas de Rexistro actualizada no buscador do Portal Xeral de Acceso. Marca a opción ‘Cl@ve’ para que aparezan as oficinas que ofrecen este servizo. Lembra, así mesmo, que moitas oficinas requiren cita previa.