Cl@ve Móbil é o novo sistema de acceso electrónico aos servizos públicos que permite ao cidadán autenticarse no trámite que estea a realizar. Para utilizar Cl@ve Móbil recoméndase ter instalada a APP Cl@ve. O sistema ofrece a novidade de permitir escanear un código QR que evita ao usuario a necesidade de incorporar os seus datos identificativos na pantalla de acceso. Se non podes escanear o código QR poderás confirmar a petición de autenticación que che chegará á APP Cl@ve.
Ademais, se non podes acceder coa APP Cl@ve , durante a autenticación ofreceráseche o acceso cun PIN enviado por SMS ao teu teléfono móbil.
Para facer uso dos servizos de Cl@ve é necesario estar rexistrado no sistema Cl@ve.
É un sistema sinxelo, co que o usuario non ten que lembrar ningún contrasinal e só cun clic, escaneando un QR ou pulsando no aviso que lle chega ao móbil (notificación push) ou abrindo a app Cl@ve, confirma a petición de autenticación, tras o que se lle redirixirá ao trámite onde estaba a tentar acceder.