Preguntas frecuentes (FAQ)
-
Cantas veces se pode utilizar a Cl@ve PIN?
Acordeón de Cantas veces se pode utilizar a Cl@ve PIN?
O PIN que recibes no teu teléfono móbil só poder ser utilizado unha vez para completar o acceso ao sistema .
Ademais, deberás utilizar o PIN que recibiches antes de 10 minutos, xa que, pasado este tempo, se non accediches a Cl@ve, deberás solicitar un novo PIN.
Lembra que unha vez identificado mediante PIN, podes acceder aos servizos que permitan Cl@ve ata que te desconectes da Sede Electrónica ou peches o navegador.
-
Podo actuar en nome doutro cidadán con Cl@ve PIN?
Acordeón de Podo actuar en nome doutro cidadán con Cl@ve PIN?
Este sistema está pensado exclusivamente para persoas físicas que actúan en nome propio.
-
Formato Cl@ve PIN: Cantos caracteres? Podo elixir eu o PIN?
Acordeón de Formato Cl@ve PIN: Cantos caracteres? Podo elixir eu o PIN?
O PIN terá unha lonxitude de 3 caracteres alfanuméricos e o xera a Axencia Tributaria.
O PIN que recibirá no seu teléfono móbil poderá ter letras (excluída a eñe) e/ou díxitos (excluídos o cero, o un, o oito e o nove).
Por exemplo, se recibe "XOI", os caracteres que deberá introducir na pantalla de autenticación serán as letras "xe", "o" e "i".
O PIN máis a clave achegada por nós no momento da solicitude, configura o código de acceso que permite efectuar os trámites de xeito telemático
-
Que teño que facer se recibo un PIN de Cl@ve que non solicitei?
Acordeón de Que teño que facer se recibo un PIN de Cl@ve que non solicitei?
Se por calquera razón recibe un PIN que non solicitou, alguén podería estar intentando suplantalo. Non se preocupe, é vostede o único que poderá actuar no seu nome.
Se se repite a situación, débese pór en contacto coa Axencia Tributaria para informar da anomalía.
-
Non consigo resolver o meu problema e preciso axuda adicional
Acordeón de Non consigo resolver o meu problema e preciso axuda adicional
Se precisas axuda adicional para utilizar o sistema Cl@ve, pódela obter a través dos seguintes medios:
-
Por teléfono, chamando ao teléfono 060.
-
Deixando unha mensaxe na nosa Caixa de correo de atención .
-