Introduza a súa procura
accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Onde podo usalo?

Podes usar os mecanismos de identificación previstos en Cl@ve en todos os servizos de administración electrónica integrados no sistema.

Os servizos integrados distinguiranse porque disporán, na súa correspondente pantalla de acceso, dun botón que te dirixirá cara ao sistema de autenticación Cl@ve:

No Acordo do Consello de Ministros do 19 de setembro de 2014, polo que se aproba o sistema Cl@ve, establécese que o Sector Público Administrativo Estatal deberá habilitar o sistema en todos os servizos e trámites electrónicos dirixidos á cidadanía antes do 31 de decembro de 2015, polo que existirá un período de transición ata esa data no que se irán incorporando progresivamente todos os servizos.

Porén, permitirase integrar ao resto das Administracións Públicas cando estea dispoñible, habilitando deste modo a extensión práctica dos servizos de administración electrónica á gran maioría da cidadanía.

Lembra que para obter eses mecanismos de identificación e usalos en Cl@ve, é preciso rexistrarse previamente con algún dos procedementos previstos (podes ampliar esta información no apartado de Rexistro ).