Introduza a súa procura
accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Que é Cl@ve Móbil?

Cl@ve Móbil é o novo sistema de acceso electrónico aos servizos públicos que permite ao cidadán autenticarse no trámite que estea a realizar, simplemente confirmando a petición de autenticación que lle chegará á aplicación móbil Cl@ve.

Para facer uso dos servizos desta   aplicación móbil é necesario estar rexistrado no sistema Cl@ve.

É un sistema sinxelo, co que o usuario non ten que lembrar ningún contrasinal e só cun clic, pulsando no aviso que lle chega ao dispositivo móbil (notificación push) ou abrindo a APP Cl@ve, confirma a petición de autenticación, tras o que se lle redirixirá ao trámite onde estaba a tentar acceder.