Como funciona?
-
1
Accede ao sistema
Para usar os teus contrasinais de Cl@ve nun servizo de administración electrónica, só tes que premer a icona na pantalla de acceso ao servizo (no exemplo, o servizo de consulta de saldo de puntos e antecedentes da DXT).
Nese momento, serás dirixido á pantalla de Cl@ve
-
2
Selecciona o método de identificación
Na pantalla de Cl@ve, atoparás un selector que che permitirá elixir o método de identificación entre aqueles que estean dispoñibles para o servizo en cuestión (lembra que só se permiten aqueles métodos que proporcionan un nivel de seguridade no acceso igual ou superior ao que precisa o servizo).
Recoñecerás aqueles métodos de identificación que non estean dispoñibles porque aparecerán en tons grises en lugar de en cor.
Para seleccionar o método de identificación, fai clic en Acceder
-
3
Identifícate
Unha vez elixido o método para a identificación, serás dirixido por Cl@ve á pantalla de identificación. Esta pantalla é diferente segundo o método seleccionado.
No caso de que utilices a Cl@ve ocasional (Cl@ve PIN), aparecerá a seguinte pantalla:
Podes consultar máis información sobre a Cl@ve ocasional (Cl@ve PIN) na seguinte ligazón Cl@ve PIN
Se elixes utilizar a Cl@ve permanente, aparecerá esta outra:
Podes consultar máis información sobre a Cl@ve permanente na seguinte ligazón Cl@ve permanente
Tamén podes elixir identificarte co teu DNI-e ou certificado electrónico. Nese caso, verás unha pantalla diferente, que dependerá do navegador que esteas a utilizar. Ademais, se tes varios certificados electrónicos instalados, o sistema preguntarache cal deles queres usar.
-
4
Regresa ao servizo de Administración Electrónica
Unha vez identificado correctamente utilizando o método elixido, serás dirixido automaticamente por Cl@ve ao servizo de administración electrónica ao que queres acceder (seguindo co exemplo, ao servizo de consulta de saldo de puntos e antecedentes da DXT).