Preguntas frecuentes (FAQs)
-
Na pantalla de Cl@ve para seleccionar o método de identificación, non podo escoller todas as opcións, por que?
Acordeón de Na pantalla de Cl@ve para seleccionar o método de identificación, non podo escoller todas as opcións, por que?
Segundo as características do servizo ao que queiras acceder, é posible que algún método de identificación non estea dispoñible.
Isto débese a que o nivel de seguridade requirido para o acceso a ese servizo é superior ao que pode proporcionar ese método de identificación (por exemplo, porque o servizo manexa datos de carácter persoal especialmente protexidos).
-
Cando emprego a Cl@ve permanente, ás veces pídeme a clave enviada por SMS, pero outras veces, non. A que se debe isto?
Acordeón de Cando emprego a Cl@ve permanente, ás veces pídeme a clave enviada por SMS, pero outras veces, non. A que se debe isto?
O sistema de Cl@ve permanente ten dúas modalidades de uso, a normal e a reforzada.
No modo de uso normal, só é preciso proporcionar o usuario e o contrasinal.
Porén, determinados servizos, polo tipo de operación e de información que manexan, necesitan un nivel de seguridade maior ca o que proporciona o uso normal. Nese caso, para acceder a eles é preciso usar o modo reforzado, identificándose ademais de co usuario e o contrasinal, coa clave recibida no teléfono.
-
Aparece o erro "Non se proporcionou un certificado válido"
Acordeón de Aparece o erro "Non se proporcionou un certificado válido"
Para poder usar Cl@ve cun certificado electrónico, é preciso que este certificado sexa un certificado de persoa física ou de empregado público recoñecido, incluído na "Lista de fornecedores de servizos de certificación" (TSL) do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.
-
Esquecín o meu contrasinal en Cl@ve permanente, que podo facer?
Acordeón de Esquecín o meu contrasinal en Cl@ve permanente, que podo facer?
En caso de esquecer o contrasinal ou de que este quede bloqueado por superarse o número máximo de 5 intentos fallados, poderás establecer un novo contrasinal sempre que conserves o código de activación. Para isto, deberás acceder ao servizo de esquecemento de contrasinal e seguir os pasos alí indicados.
Se non conservaches o código de activación, podes obter un novo código realizando outra vez o rexistro en Cl@ve .
-
Non consigo resolver o meu problema e preciso axuda adicional
Acordeón de Non consigo resolver o meu problema e preciso axuda adicional
Se precisas axuda adicional para utilizar o sistema Cl@ve, pódela obter a través dos seguintes medios:
- Por teléfono, chamando ao teléfono 060
- Deixando unha mensaxe na nosa Caixa de correo de atención .