Que é Cl@ve PIN?
É unha forma de realizar trámites por Internet cunha validez limitada no tempo e que se pode renovar cada vez que sexa preciso. Este sistema de identificación electrónica está baseado no uso dunha clave elixida polo usuario e un PIN comunicado mediante SMS.
É obrigatorio rexistrarse previamente no sistema.
Vantaxes que nos ofrece:
- É moi sinxelo, non é preciso lembrar un contrasinal de forma permanente
- A súa validez é limitada no tempo, o que fai que sexa máis seguro.