Goberno de España
Goberno de España
Goberno de España
Goberno de España
Contenido web

Aviso legal

O sitio web clave.gob.es é un dominio en internet da titularidade da Dirección de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, con sede na rúa Mª de Molina, nº 50 - 28071 Madrid

Na presente nota legal recóllense as condicións xerais do seu uso e acceso.

O uso deste sitio web implica a expresa e plena aceptación das presentes condicións xerais na versión publicada no momento no que o usuario acceda ao sitio, sen prexuízo das condicións particulares que se puideran aplicar a algúns dos contidos ou servizos do sitio web. En todo caso, a actualización da información e dos servizos non é inmediata, polo que poden existir desfasamentos na mesma. Suxerímoslle que comprobe sempre a vixencia e exactitude da información, servizos e contidos recollidos na mesma.

Modificacións

Co obxecto de mellorar as prestacións de do sitio web, a Dirección de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións resérvase o dereito, en calquera momento e sen previa notificación aos usuarios, a modificar, ampliar ou suspender temporalmente a presentación, a configuración, as especificacións técnicas e os servizos do sitio web, de forma unilateral.

Ademais, resérvase o dereito a modificar en calquera momento as presentes condicións de uso, así como calquera outra condición particular.

Ligazóns e hiperligazóns

As hiperligazóns contidas no sitio web poden dirixir a páxinas web de terceiros. A Dirección de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións non asume ningunha responsabilidade polo contido, informacións ou servizos que poidan aparecer nos anteditos sitios, cuxas páxinas non lle pertencen, nin fai unha revisión dos seus contidos, que terán exclusivamente carácter informativo e que non necesariamente implican relación coas persoas ou entidades titulares de tales contidos ou dos sitios onde se atopen.

Respecto á ligazón do propio dominio, o establecemento da hiperligazón non implica en ningún caso a existencia de relacións entre a Dirección de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións e o propietario da páxina web na que se estableza, nin a aceptación e aprobación por parte deste dos seus contidos ou servizos. Polo tanto, non se declarará nin se dará a entender que a Dirección de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións autorice expresamente a hiperligazón nin que supervise ou asuma de calquera forma os servizos ofrecidos ou postos a disposición na páxina web desde a que se establece a hiperligazón.

A Dirección de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións non se responsabiliza de ningún xeito nin garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade de contidos ou servizos que o establecemento da hiperligazón poida ofrecer. O usuario ou a usuaria asumen baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que se poidan derivar do acceso á páxina web da hiperligazón.

A páxina web na que se estableza a hiperligazón non poderá conter ningunha marca, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes á Dirección de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, excepto aqueles signos que formen parte da mesma hiperligazón.

A páxina web na que se estableza a hiperligazón non conterá informacións con contidos ilícitos, contrarios á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados, así como tampouco contidos contrarios aos dereitos de terceiros.

Dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre o deseño, os logos e outras imaxes do portal clave.gob.es

Tanto o deseño do portal e os seus códigos fonte como os logotipos, as marcas e demais signos distintivos que aparecen nel pertencen á Dirección de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións ou aos organismos e entidades participantes no sistema Cl@ve, e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial. Esta protección afecta igualmente ás imaxes contidas no mesmo.

O seu uso, reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade similar ou análoga quedan totalmente prohibidos, salvo que medie expresa autorización da Dirección de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. A licenza de uso dos elementos especificados neste apartado deste portal outorgada ao usuario limítase á descarga por parte do usuario de ditos contidos e ao uso privado dos mesmos, sempre que os contidos permanezan íntegros.

A Dirección de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións declara o seu respecto aos dereitos de propiedade intelectual e industrial de terceiros, polo que, se considera que este sitio puidera estar vulnerando os seus dereitos, agradecémoslle que se poña en contacto connosco a través do formulario  (Ábrese nunha nova ventá) .

A Dirección de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións prohibe expresamente a realización de "framings" ou a utilización por parte de terceiros de calquera outro mecanismo que altere o deseño, a configuración orixinal ou os contidos do seu portal.

Estatísticas de uso do sitio

O portal web do sistema Cl@ve utiliza a aplicación Google Analytics, que instala cookies temporalmente, coa única e exclusiva finalidade de elaborar informes de carácter estatístico. Por exemplo, número de visitas por páxinas, horas e días de visita, etc.

As cookies son ficheiros creados no navegador do usuario para rexistrar a súa actividade no sitio web. Unha cookie non identifica a unha persoa, senón a unha combinación de computador-navegador-usuario, ten unha vixencia temporal limitada e en ningún caso se utiliza para recoller información de carácter persoal.

A Dirección de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións sigue a regulación legal e as directrices nesta materia da Axencia Española de Protección de Datos.

En concreto, as cookies que se instalarían serían as seguintes:

 
Cookie Finalidade
__utma Utilízase para diferenciar usuarios e sesións
__utmb y __utmc Utilízase para determinar novas sesións/visitas
__utmz Rexistra a orixe do tráfico

 

Para navegar polo portal web de Cl@ve non é necesario que permita a instalación destas cookies: pode desactivalas directamente no seu navegador.

Lei aplicable e xurisdición

A lei aplicable en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este aviso legal, así como calquera cuestión relacionada cos servizos do presente portal, será a lei española. De cara á resolución de calquera conflito que puidera xurdir con ocasión da visita ao portal ou o uso dos seus servizos, a Dirección de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións e o usuario ou a usuaria acordan someterse aos xuíces e tribunais do domicilio do usuario ou usuaria, sempre que estea situado no territorio español.