Introduza a súa procura
accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Procedementos

Describimos a continuación os procedementos relacionados coa activación, o uso e a xestión persoal de Cl@ve Permanente

Activación de usuario

Mediante este servizo, podes activar o teu usuario de Cl@ve Permanente e crear o teu propio contrasinal de acceso.

Para a activación do teu usuario de Cl@ve Permanente debes acceder ao servizo de activación, onde se che pedirá que introduzas o teu usuario (o teu DNI ou NIE), o teu enderezo de correo electrónico (como dato adicional de contraste) e o código de activación que che subministraron no acto de rexistro.

Accede ao servizo(Abre en nueva ventana)

Se son correctos, o sistema enviarache un SMS cun código numérico dun só uso (One Time Password, OTP) que deberás teclear no campo do formulario correspondente. Se é correcto, o sistema permitirache establecer o contrasinal que prefiras, sempre que cumpra cunhas características mínimas de seguridade. Este contrasinal será o que deberás utilizar a partir de agora cada vez que un servizo de administración electrónica cha solicite.

Se introduces erroneamente o código de activación máis de 5 veces, o sistema informarache e, acto seguido, bloqueará o código de activación. Neste caso, será necesario xerar un novo código de activación, para o que debes realizar outra vez o acto de rexistro en Cl@ve.

Xestión do contrasinal

Se esqueciches o teu contrasinal, ou se o queres cambiar, pódelo volver establecer en calquera momento cun dos seguintes procedementos:

  • Cambio de contrasinal

Por motivos de caducidade ou seguridade, podes desexar cambiar o contrasinal. Para isto, accede ao servizo de cambio de contrasinal e sigue os pasos alí descritos.

Accede ao servizo con usuario e contrasinal(Abre en nueva ventana)

Accede ao servizo con certificado dixital(Abre en nueva ventana)

  • Esquecemento de contrasinal

En caso de esquecer o contrasinal ou de que este quede bloqueado por superarse o número máximo de 5 intentos fallados, poderás establecer un novo contrasinal sempre que conserves o código de activación. Para isto, deberás acceder ao servizo de activación de contrasinal e seguir os pasos alí indicados.

Accede ao servizo(Abre en nueva ventana)

  • Perda do Código de activación

Se non conservaches o código de activación, podes obter un novo código de activación realizando outra vez o acto de rexistro en Cl@ve.

Baixa de usuario

É posible dar de baixa o teu usuario de Cl@ve Permanente utilizando este servizo.

Se, por calquera causa, non desexas manter activo o teu usuario de Cl@ve Permanente, deberás facer uso do servizo de baixa, ao que poderás acceder ou ben coa túa Cl@ve Permanente actual, ou ben cun certificado dixital.

Se accedes mediante Cl@ve Permanente, despois de introducila o sistema enviarache un SMS cun código numérico de verificación que deberás teclear no campo do formulario correspondente e, se é correcto, o sistema dará de baixa o teu usuario en Cl@ve Permanente.

Accede ao servizo con usuario e contrasinal(Abre en nueva ventana)

Se esqueciches o contrasinal e queres darte de baixa, podes acceder con certificado dixital. Neste caso, non solicitaremos o código de verificación e a baixa realizarase de xeito inmediato.

Accede ao servizo con certificado dixital(Abre en nueva ventana)

Se nalgún momento posterior desexas volver a activar a túa Cl@ve Permanente, deberás volver realizar o trámite de rexistro en Cl@ve.