Introduza a súa procura
accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Que necesito para comezar?

Para usar o sistema, só tes que obter previamente a túa credencial electrónica de identificación mediante algún dos procedementos previstos.

Para isto, tes que te rexistrar no sistema, ben de forma presencial, nalgunha das oficinas de rexistro adheridas ao sistema, ben por Internet, cun certificado electrónico recoñecido.

Podes obter máis información sobre este proceso no apartado de Rexistro

Cando te rexistres, proporcionaránseche dous tipos de claves de acceso:

Tras o rexistro e a activación destas claves de acceso, poderás utilizar Cl@ve en todos os servizos de administración electrónica que estean integrados co sistema. Podes consultar estes servizos no apartado de Onde podo usalo?

Recorda que, dependendo das características do servizo, é posible que algún método de identificación non estea dispoñible, debido a que o nivel de seguridade que se require para o acceso ao servizo é superior ao que pode proporcionar ese método de identificación (por exemplo, porque o servizo manexa datos de carácter persoal especialmente protexidos).